top of page

  ESCOLA DEPORTIVA 

1ª Escola Movistar Inter en Galicia
A ESCOLA FUTSAL PONTEVEDRA

A iniciación deportiva representa o período no que a/o escolar comeza a aprender de forma específica a práctica do seu deporte. A iniciación deportiva no só debe considerarse como o momento no que comeza a práctica deportiva, senon como unha acción pedagóxica, que tendo en conta as características das/dos alumnas/os que se inician e os fins a conseguir, evoluciona progresivamente ata chegar ao dominio da especialidade deportiva. 
A escola deportiva municipal Futsal Pontevedra surxe unha vez que o club asentou as suas categorías senior (dos equipos), e chegou a un acordo ca asoiación O Mirador de monteporreiro para levar un plan estratexico nesta barrio Pontevedrés.

OBXETIVOS XERAIS
 

- Favorecer a cooperación e a participación das/dos xogadoras/es.
- Crear un clima social adecuado.
- Utilizar xogos integradores e non excluíntes.
- Potenciar o traballo cooperativo en grupo ela toma de decisiones conxunta.
- Asignar ao participante un papel activo nla elaboración das regras do grupo-equipo.
- Estimular o diálogo e a reflexión grupal.
- Reflexionar sobre o xogo limpo e o exercicio da solidaridade.
- Reducir a competitividade e as comparaciones entre as/os participantes. 
- Reducir a importancia de resultado, valorando o proceso de xogo e os logros grupais e personais.
- Favorecer situacións de éxito e fracaso proporcionadas.

OBXETIVOS ESPECÍFICOS

Educación física de base (4 a 7 anos)

1. Coñecer as finalidades ofensivas e defensivas dos deportes de equipo; utilizando o fútbol sala como deporte de referencia.
2. Adquirir un sentido táctico a partir da comprensión dos xogos colectivos de invasión.
3. Adquirir xestos técnicos básicos de coordinación óculo-pédica dende a experimentación de xogos de invasión.
4. Desenvolver as capacidades perceptivo motrices, aplicadas aos principios técnico-táctico basados nos xogos de invasión.
5. Desenvolver as capacidades físicas básicas.
6. Desenvolver actitudes e valores deportivos.

 

                                             Ensino polideportivo (7 a 10 anos)

                                             1. Coñecer as finalidades ofensivas e defensivas dos deportes de equipo; utilizando o fútbol sala como deporte de referencia.
                                             2. Adquirir un sentido táctico a partir da comprensión dos xogos colectivos de invasión.
                                             3. Adquirir xestos técnicos básicos de coordinación óculo-pédica dende a experimentación de xogos de invasión.
                                             4. Desenvolver as capacidades perceptivo motrices, aplicadas aos principios técnico-táctico basados nos xogos de invasión.
                                             5. Desenvolver as capacidades físicas básicas.
                                             6. Desenvolver actitudes e valores deportivos.

Iniciación deportiva específica (10 a 14 anos)

1. Desenvolver os fundamentos técnico-tácticos específicos do fútbol sala.
2. Desenvolver as capacidades físico-orgánicas: resistencia, forza corporal básica, movilidade, axilidade, velocidade, coordinación... aplicadas ao fútbol sala.
3. Comprender o comportamiento táctico aplicado ao fútbol sala.
4. Favorecer actitudes e valores deportivos: esforzo e voluntade no adestramento, sociabilidade, respeto aos demáis, xogo limpo...

CONTIDOS
 

A actividade deportiva debe considerarse como a sumación dos contenidos que a orixinan: a técnica, a táctica, as capacidades físicas, o adestramento psicológico, etc.


A TÉCNICA:

os elementos técnicos que se desenvolverán na escola e aplicados ao fútbol sala son: 
- Manexo e conducción do balón. 
- Controlar e protexer o balón.
- Pasar, lanzar e golpear o balón. 
- Regaterar e fintar co balón.
- Reducir e ampliar espazos.
- Apoio a/ao compañeira/o. 
- Repliegue defensivo e ofensivo. 
- Interceptar e despexar o balón. 

 

A TÁCTICA:

son as accións das/os xogadoras/es do equipo, organizadas e coordinadas racionalmente nos límites do regulamento, e na escola traballaremos: 
- Conservar o balón, 
- Progresar co balón e cas/os compañeiras/os hacia a portería contraria, 
- Buscar introducir  balón na portería contraria, 
- Recuperar a posesión do balón, 
- Impedir que o contrario progrese, tanto co balón como sin él hacía a  portería, 
- Protexer a portería para evitar que o contrario introduza o balón.

 

CAPACIDADES FÍSICAS: son aquélas que nos servirán de sostén para el desenvolvemento da técnica e a táctica e polo tanto serán traballadas todas elas, adecuando cada unha delas a cada etapa evolutiva..
 

bottom of page