
FUTSAL

DEPORTISTAS
Cada xogadora/or ten a obriga de gardar as formas e compostura adecuadas ante os compoñentes da entidade, rivais e público asistentes ós actos nos que participe. O obxectivo fundamental do club e formar persoas de xeito integral en base os valores deportivos de cooperación, solidaridade, superación... e para elo establécense os seguintes obxectivos:
- Crear vínculos de amizade e colaboración cas/os compañeiras/os, indispensables para o logro dos obxectivos.
- Esforzarse persoalmente para acadar o máximo nivel deportivo, propiciando o crecemento tanto individual coma colectivo.
- Facilitar a progresión do equipo, cumprindo cas normas do mesmo no relativo a, horarios de actividade, desenvolvemento das tarefas, etc.
-Coñecer o regulamento de competición e as obrigas que del emanan.
ADESTRAMENTOS
O adestramento constitúe a base fundamental da formación técnica, táctica, física, psicolóxica, teórica e estratéxica e loxicamente ten unha elevada repercusión no transcurso da competición. Os días e horas de formación estableceranse o principio de cada tempada tendo en conta o número de equipos e a dispoñibilidade de instalacións.Os adestramentos realizáranse sempre nas instalacións designadas, excepto nos casos nos que as/os técnicas/os consideren necesario un cambio o cal deben comunicar con antelación a dirección deportiva e esta as/os xogadoras/es ou os seus responsables. Por norma levaranse a cabo polas tardes, fora do horario lectivo, salvo no caso dos días festivos ou non lectivos no que os horarios se poderán ver modificados. É recomendable a chegada o adestramento con suficiente antelación para cambiarse de indumentaria e estar dispoñible a hora de comezo do mesmo, serán as/os técnicas/os os encargados de levar un rexistro de asistencia ó mesmo. As/os xogadoras/es que non poidan acudir a un adestramento ou partido, tentaran avisar as/os técnicos na maior brevidade posible por calquera das vías establecidas o principio da tempada.


COMPETICIÓNS
O corpo técnico utilizara en cada momento do partido as/os xogadoras/es, que o seu suízo considere mais oportuno. Nos equipos senior procurarase a participación de tódalas/os xogadoras/es un mínimo razoable de minutos, salvo nos casos de equipos de rendemento ou casos excepcionais ou de común acordo. Nas categorías base os corpos técnicos teñen a obrigación de que tódalas/os xogadoras/es disputen un mínimo de minutos razoable, salvo casos excepcionais ou de común acordo.
Durante o desenvolvemento do partido a/o xogadora/or atenderá as instrucións e recomendacións do corpo técnico. A/o xogadora/or debera mostrar un comportamento adecuado o presente regulamento; disciplina, dedicación, esforzo, camaradería, superación e motivación para contribuír o éxito do seu equipo. Serán sancionadas aquelas faltas graves cometidas durante o transcurso do encontro aínda que non sexan obxecto de sanción federativa.

TITORES, NAIS, PAIS E FAMILIARES
Este colectivo e unha parte fundamental no desenvolvemento da actividade do club e representarán igualmente a entidade nos actos sexan participes. No caso das/os menores de idade, facilitaran os datos de identificación e as autorizacións pertinentes nos prazos establecidos para o correcto desenvolvemento da sección. As súas funcións serán:
- Efectuar os pagos das cotas nas formas e prazos establecidos.
- Elixirán entre elas/es a/o delegada/o que servirá de vinculo ca dirección deportiva e as/os técnicos. Ademais poderá colaborar no proceso de adestramento - competición de común acordo cos responsables da sección.
- Procuraran na medida do posible acompañar ó equipo e colaborar no desprazamento das/os xogadoras/es os actos nos que participe.
- Deberán manter un comportamento adecuado nos procesos de adestramento - competición e absteranse en todo momento de dar indicacións e recomendacións as/os xogadores nas accións que sexan competencia das/os técnicos.
- Teñen prohibido o acceso ós vestiarios, salvo autorización expresa das/os técnicos e nos casos nos que a súa presenza sexa necesaria.
- Calquera dúbida, petición ou reclamación, realizarana a través da/o delegada/o, ben as/os técnicos ou a dirección deportiva.

INSTALACIÓNS
O bo uso das instalacións e imprescindible no correcto desenvolvemento das actidades do club e por elo prestarase especial ateención ó uso que delas se fai.
- O vestiario xa sexa na nosa instalación ou noutra, ten unha dobre utilización. Por unha parte utilizase para cambiarse de roupa e por outra como o lugar onde recibir instrucións, intercambiar opinións e solucionar problemas internos, constituíndo por tanto o lugar de maior intimidade do equipo e polo tanto queda prohibida a entrada a todo persoa allea ó mesmo.
- As duchas son consideradas unha prolongación do vestiario e polo tanto de aplicación as mesmas normas. Ademais e obrigatorio o seu uso despois dos adestramentos e partidos salvo polas seguintes circunstancias: Falta de auga quente ou limpeza das mesmas. Imperativos de falta de tempo.Indicación médica. Outros motivos persoais xustificados.