A escola Futsal Pontevedra presentouse en sociedade
- Pontevedra Futsal
- 18 nov 2015
- 1 Min. de lectura

Onte tivo lugar a presentación do proxecto Futsal Pontevedra. O acto contou ca presenza da concelleira de deportes Anxos Riveiro, o concelleiro Tomás Abeigon e os representantes da Asociación de Veciños de Monteporreiro e da Asociación Xuntos, os cales agradecemos a súa presenza dende aquí.
A escola Futsal Pontevedra desenvolverá a súa actividade no barrio Pontevedrés en estreita colaboración ca asociación de veciños. A actividade deportiva centrarase na formación da base e a integración a través do futsal. O club contará cun equipo de futsal formado por integrantes de Xuntos que competirá na liga da Federación Galega de Deporte Adaptado.
Nos próximos días comezará a campaña de captación e adestramentos. Iremos informándovos a través da nosa web, a cal está en proceso de construción e esperamos ter operativa o 100% o antes posible. Desculpade as molestias.

Comentarios